As cartas
sobre a mesa

Falemos claro

Entender o que sintes tamén é coidarte.
Se algo te fai dano, te asusta ou te confunde, aquí podes pedir axuda. Sen medo. Sen vergoña.

Qué é

Violencia de Xénero

“Non é só pegar. Ás veces empeza con cousas pequenas, palabras, mensaxes ou actitudes que che fan sentir mal.”

É violencia cando alguén que di quererche: contrólache, presiónache, chantaxéache, cúlpache, faiche sentir medo, humíllache…

Se te fai dano, e che doe, non é amor.
Violencia Emocional

Facerche sentir medo, culpa ou inseguridade.

Violencia Psicolóxica

Manipularche, chantaxearche ou insultarche.

Violencia Dixital

Controlarche por redes, esixir fotos, vixiarche.

Violencia Física

Empuxóns, golpes, agresións.

Violencia Sexual

Obrigarche a algo que non queres ou presionarche a enviar contido íntimo.

Violencia Vicaria

É cando alguén usa ás persoas que ti queres, para facerche dano a ti.

Non todo o que pasa no móbil é normal

Se te controla polo móbil, WhatsApp, Instagram, TikTok ou videoxogos… tamén é violencia.

  • Pídeche fotos íntimas ou insiste.
  • Esíxe a túa ubicación.
  • Pídeche os teus contrasinais.
  • Revisa o teu móbil.
  • Enfádase se te desconectas.
  • Obrígache a contestar rápido.
  • Mándache mil mensaxes seguidos.
  • Usa contas falsas para vixiarte.

Sinais e mitos

Se che pasa isto… coidado

Descubre qué sinais importan e qué frases NON son verdade.

01.

Ensíname o teu móbil.

01.

Iso é control. Ninguén ten dereito a revisar as túas mensaxes. Se te incomoda é unha sinal.

02.

Se non me contesta xa, algo pasa.

02.

A presión NON é amor. Ter vida fóra do móbil é normal. Control = sinal de alerta.

03.

Teño celos porque me importas.

03.

Isto é un mito. Os celos non proban o amor. Son unha forma de control.

04.

Fasme enfadar.

04.

Manipulación emocional. Tí non es responsable das súas reaccións. Culpa ≠ amor.

05.

Se me queres, mándame unha foto.

05.

Presión = violencia dixital. O teu corpo, a túa decisión. Nunca estás obrigada.

06.

Non me gusta que saias cos teus amigos.

06.

Illamento. Apartarte da túa xente é unha sinal importante. Quen te quere non te encerra.

07.

Todo o mundo discute así.

07.

Normalización do maltrato. Gritar, humillar ou insultar NON é normal. Respeto = base de calquera relación.

08.

Non lle digo nada porque dame medo a súa reación.

08.

O medo é unha sinal clara. Se te asusta, non é san. Fala con alguén de confianza.

Historias

Pode que isto tamén te pasara

Pode que te identifiques con algunha destas situacións. Se che pasa, non estás so/a.

Qué facer

Se me pasa a min

Non tes por que vivir isto só.

Pasos fáciles e claros
  • Cóntallo a alguén.
    Un amigo, un adulto, alguén de confianza.
  • Garda as probas.
    Mensaxes, capturas, fotos, audios, poden axudarte.
  • Non te enfrontes. Pode ser perigoso.
  • Se estás en perigo chama ó 112.
  • Pide axuda. É gratis e confidencial. Chats, Punto Violeta ou servizos municipais.

Qué facer

Se lle pasa a alguén que quero

Se alguén cho conta… es importante.

Consellos prácticos
  • Escoita sen xulgar.
  • Cre o que che di. Non lle digas “esaxeras”.
  • Non a presiones a denunciar se non está preparada.
  • Acompáñaa se cho pide.
  • Axúdalle a informarse en fontes seguras.
  • Se está en perigo, chama ti ó 112.

É confidencial

Pide axuda

Se estás a vivir violencia —ou crees que poderías estalo— podes pedir axuda sen dar explicacións e sen que quede rastro. Non estás só/a. Hai xente para axudarche.

Web 112
Emerxencias

Perigo inmediato

Número 016
Información e asesoramento

Non deixa rastro na factura

Chat seguro
Chat seguro
Atención por escrito de forma confidencial
CIM
CIM Mancomunidade

Psicoloxía, apoio social e xurídico

Punto Violeta

Atención presencial segura no teu municipio

Seguridade dixital

Protéxete nas túas redes

Consellos esenciais
  • Pon a túa conta privada.
  • Bloquea, silencia ou denuncia a quen che faga dano.
  • Non compartas contrasinais nunca e cámbiaas se chas piden.
  • Non mandes fotos se non queres.
  • Activa a verificación en dous pasos.
  • Revisa a privacidade das túas redes.
  • Se te chantaxean ou te ameazan, garda probas e pide axuda.

COMPROMISO INSTITUCIONAL

POLÍTICA DE IGUALDADE

 986 71 20 01

CIM MANCOMUNIDADE

Concello de Cambados

Edificio de Servizos Múltiples (3ºandar)

Horario de atención ao público

Luns a venres de 8:00h a 15:00h

 986 52 09 02

 654 44 15 8